A ONGD SenValos finalizou o proxecto “RURAL+ SENVALOS”, cofinanciado con 25.000 € a través da convocatoria da Xunta de Galicia de subvencións, de carácter plurianual e en réxime de concorrencia competitiva, dirixidas a entidades de acción voluntaria e entidades locais de Galicia para a elaboración e execución de proxectos de voluntariado interxeracional no medio rural vinculados co proxecto piloto Talento interxeracional, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, para executar nos anos 2022 e 2023.
O obxectivo xeral do proxecto foi favorecer a inclusión sociolaboral plena do colectivo migrante e outros colectivos en situación de desemprego no ámbito rural en sectores relacionados cos coidados e a agricultura ecolóxica mediante a dinamización de voluntariado interxeracional.
Os obxectivos específicos foron:
- OE 1: Desenvolver un modelo de xestión dos coidados no ámbito rural que promova unha atención persoalizada e de calidade a persoas autónomas que precisen coidados, potenciando bolsas de emprego que conecten persoas formadas e capacitadas con demandantes de coidados.
- OE 2: Potenciar un modelo de producción agroecolóxica e de comercialización baseado nunha economía circular e sustentable que permita facilitar e acelerar o acceso a novos medios de vida no rural a persoas migrantes e en risco de exclusión social.
- OE 3: Fomentar o intercambio de coñecementos entre persoas voluntarias maiores de 55 anos e menores de 30 anos en proxectos específicos no ámbito rural de atención a coidados e producción agroecolóxica.
- OE 4: Posibilitar a participación social de colectivos migrantes e vulnerables para mellorar o seu entorno, visibilizando a súa aportación a novos modelos sostibles de desenvolvemento rural.
Oito persoas voluntarias desenvolveron un proxecto piloto centrado nos coidados e liderado por persoas migrantes residentes en Negreira.

Na anualidade de 2023 centrouse no establecemento dun modelo de coidados sostible, coa colaboración da asociación Assis Unión. Froito desta colaboración, puídose chegar mellor tanto a persoas interesadas na prestación de atención en coidados, como a persoas interesadas na recepción de coidados en Negreira, a través do coñecemento e as relacións interpersoais que tiñan persoas migrantes xa asentadas desde fai anos en Negreira, e promotoras da Asociación Assis Unión coa poboación local.
A través do asociacionismo migrante identificouse a demanda de coidados non cuberta por profesionais ou entidades existente na localidade de Negreira para desenvolver un modelo de xestión de ditas demandas que posibilite o contacto entre potenciais persoas coidadoras, principalmente nas migrantes residentes en Negreira e as súas proximidades, e persoas coidadas.
Os resultados foron:
- Persoas con autonomía pero demandantes de coidados ou apoios puntuais no concello de Negreira. A maior parte foron persoas maiores, fundamentalmente, no núcleo urbano de Negreira. Ao longo do proxecto poidéronse beneficiar 24 persoas demandantes de coidados.
- Persoas desempregadas ou con baixa empregabilidade, con formación e capacitación para a atención en coidados. Fundamentalmente foron persoas migrantes ás que lle dimos os apoios precisos para que poidan ofrecer os seus servizos ás persoas demandantes de coidados en Negreira e na súa contorna. Beneficiáronse 15 persoas desempregadas coidadoras.
2- PROMOCIÓN DE INICIATIVAS DE CULTIVO AGROECOLÓXICO E SISTEMAS DE COMERCIALIZACIÓN BASEADOS NA INCLUSIÓN E SOSTIBILIDADE NO CONCELLO DE OZA-CESURAS
Nesta actividade participaron 6 voluntarios/as que fomentaron un modelo productivo agroecolóxico en Oza-Cesuras, baseado no traballo en rede con outros/as productores agroecolóxicos da Reserva da Biosfera Mariñas Terras do Mandeo e na comercialización a comedores de colectividades de empresas e centros educativos do área da Coruña.
Como resultado final, propiciouse a creación no mes de maio de 2023 das dúas asociacións agroecolóxicas derivadas do proceso de dinamización do proxecto de SenValos:
- Asociación Agroecolóxica Tornaxeira: Esta asociación centrouse en promover a comercialización de froitas, verduras e hortalizas ecolóxicas en comedores colectivos de empresas. SenValos desempeñou un papel activo na dinamización asociativa, brindando apoio na organización e promoción de produtos ecolóxicos
- Enfocada en promover o consumo de produtos ecolóxicos de horta en comedores escolares, a Asociación Ecoagra xurdiu como unha resposta á necesidade de introducir hábitos alimenticios saudables en contornas educativas. SenValos colaborou estreitamente na xestión e difusión desta iniciativa.

Os resultados desta actividade foron:
- Persoas productoras ou con intención de producir en agroecoloxía no entorno da Reserva da Biosfera das Mariñas e as súas familias. A través da actuación de agroecoloxía no Concello de Oza-Cesuras logramos beneficiar a persoas productoras con pequenas explotacións que actualmente están producindo no entorno da Reserva da Biosferra das Mariñas-Betanzos. Neste proxecto beneficiáronse a 11 familias productoras, e 2 entidades de acción social que traballan con máis de 20 persoas en risco de exclusión social directamente relacionadas coas súas actividades de promoción da agroecoloxía social, a Asociación Benéfica Renacer e a Asociación A Raíña.
- Consumidoras/es dos productos agroecolóxicos resultantes dos cultivos promovidos no proxecto. O proxecto piloto a desenvolver con este proxecto en Oza-Cesuras ofreceu verduras e hortalizas fescas ecolóxicas a máis de 300 persoas, fundamentalmente de comedores colectivos de empresas (Sodexo) e colexios (Escola Infantil A Caracola, Escola Infantil Os Cativos, Colexio Andaina, etc.) aos que canalizar a comercialización dos productos resultantes da horta ecolóxica desenvolvida.
- 8 persoas asistentes ás actividades de formación da iniciativa de coidados de Negreira.
- 24 persoas demandantes de coidados detectadas como beneficiarias do proxecto.
- 8 persoas formadas e capacitadas en coidados participantes na bolsa de emprego xerada.
- 6 persoas formadas para mellora-la capacidade de producción agroecolóxica en Oza-Cesuras.
- 12 reunións con productores locais de agroecolóxico co fin de desenvolver modelos conxuntos, centralizados e sustentables de comercialización.
- 7 sesións de intercambio de coñecementos e experiencias entre voluntariado maior de 55 anos e menor de 30 anos
- O 100% dos/as voluntarios/as do proxecto que recoñecen un incremento de coñecementos a raíz dos intercambios.
- 11 persoas migrantes e vulnerables participantes como voluntariado do proxecto.
- 90% de satisfacción moi alta do voluntariado do proxecto coas actividades en función da súa capacidade de aportación ao mesmo.
Powered By EmbedPress