20 anos de experiencia traballando con menores no ámbito da educación non formal en diferentes ámbitos (escola, obradoiros, campamentos e actividades), desenvolvendo funcións como monitor e director, coordinando equipos de seguimento en diferentes organizacións.
Experiencia como docente en cursos de tempo libre en Galicia e Castela León, formando futuros monitores e organizando e impartindo formación e eventos relacionados co terceiro sector para diversas ONG.
A miña función fundamental na entidade é a elaboración, coordinación e execución de proxectos e actividades educativas e de conciliación para todos os menores da entidade en diferentes ámbitos (deporte, apoio escolar, obradoiros de traballo en valores e campamentos urbanos, todos eles dirixidos a que se beneficien tanto das propostas creadas para eles, como da rede de apoio entre iguais que xorde deste tipo de actividades. Á vez de ofrecer unha solución ás persoas con necesidades de conciliación familiar.
Coordino tamén o área de voluntariado; en este departamento a miña función fundamental é promover o voluntariado, creando e levando a cabo proxectos que fomenten a inclusión social das persoas migrantes, O noso voluntariado está formado principalmente por persoas usuarias da entidade, que están motivadas por traballar a favor da sociedade que as acoge.