Estou moi contento de que tendo a miña experiencia migratoria, coñecendo 2 culturas: a española e a cultura dos países de Europa do Leste, podo apoiar a migrantes, axudar a integrar grupos de diferentes culturas no país de acollida.
No ámbito social, sanitario, xurídico ou laboral, xa que estes son os aspectos fundamentais que preocupan a todas as persoas inmigrantes, como mediador intercultural podo facilitar a información e a comunicación, acompañar e axudar a xestionar diversos trámites.
Nunha sociedade multicultural como a onde os inmigrantes forman parte da vida cotiá dos españois, xorde a necesidade non só de recoñecer a súa diversidade e diferenza, senón tamén de aprender a convivir.