Semana Santa en Galicia: unha pausa para celebrar a interculturalidade tamén na mesa e na rúa

Nestes días algo cambia en Galicia. O ritmo afrouxa e as prazas énchense doutra maneira. E nas cociñas da nosa comunidade —de todos os barrios e de todas as orixes— acéndense os fogóns e ábrense cadernos de receitas que gardan historias doutra terra.

Galicia é hoxe unha sociedade diversa. Entre as nacionalidades estranxeiras con maior presenza figuran Portugal, Venezuela, Colombia, Brasil, Marrocos e Romanía. Son veciñas e veciños, persoas que achegan a súa historia e a súa cultura a este territorio. E esta semana, dun xeito ou doutro, case todas esas culturas viven algún tipo de pausa especial. Unha pausa que ten o mesmo corazón en todas partes: reunirse, cociñar xuntas e compartir a mesa.


Unha viaxe por seis cociñas

Non fai falta buscar grandes discursos para atopar a interculturalidade. Ás veces abonda con asomarse ao que cada familia pon na mesa nestes días. Percorremos seis orixes presentes na nosa comunidade e atopamos algo chamativo: en todas elas, esta época do ano activa o mesmo ritual humano de parar, cociñar con calma e compartir.

🇵🇹 Portugal

A rúa como escenario compartido

En Portugal, estas datas enchen as rúas de alfombras de flores, luces e encontros veciñais. O espazo público convértese nun lugar de comunidade. A mesa, pola súa banda, reserva un sitio especial para o bacallau e para o folar da Páscoa, un pan doce con ovos que marca a chegada da primavera.

🍽 Bacallau · Folar da Páscoa

🇻🇪 Venezuela

A cociña como acto de memoria

Para moitas familias venezolanas que viven en Galicia, estes días son unha oportunidade para cociñar as receitas que saben a casa. O peixe frito con tostones e o doce de lechosa —papaia verde en xarope— aparecen nas mesas como unha ponte afectiva co país de orixe.

🍽 Peixe frito · Doce de lechosa

🇨🇴 Colombia

A diversidade dentro da diversidade

Colombia é un exemplo fascinante de como a gastronomía cambia segundo a rexión. O mote de queixo na costa Caribe, as estacas antioqueñas no interior e os cuaresmeros no Valle. Unha mesma cultura, múltiples expresións. Unha lección que tamén serve para entender a Galicia de hoxe.

🍽 Mote de queixo · Cuaresmeros

🇧🇷 Brasil

A alegría como ingrediente

Brasil converte estes días nunha celebración do sinxelo: o peixe en familia e o intercambio de chocolates entre amizades. O amigo secreto de chocolate —unha versión doce do clásico amigo invisible— mostra que celebrar tamén pode ser iso: xerar alegría compartida sen grandes protocolos.

🍽 Peixe · Ovos de chocolate

🇲🇦 Marrocos

O encontro ao caer a tarde

O calendario das familias marroquís en Galicia é diferente, pero o xesto é o mesmo: ao rematar a xornada, a familia reúnese arredor da harira, unha sopa abundante de legumes, carne e especias. Unha receita que é, antes que nada, un acto de hospitalidade e comunidade.

🍽 Harira · Chebakia

🇷🇴 Romanía

A cor como símbolo de identidade

A comunidade romanesa celebra a súa Pascua a mediados de abril. Os seus ovos pintados a man con motivos tradicionais son unha das expresións culturais máis recoñecibles de Europa do Leste. Xunto a eles, o cozonac —pan doce recheo de noces— enche as mesas de encontros familiares en Vigo ou A Coruña.

🍽 Cozonac · Pasca


«Seis orixes, unha mesma receita invisible: parar xuntas, cociñar con tempo, sentar sen présa.»

O que nos une

Ao revisar todas estas tradicións, aparece algo que ningún receitario menciona explicitamente pero que está en todas elas: a pausa como acto colectivo. Sexa en Braga, Caracas, Popayán, São Paulo, Fez ou Cluj, estes días teñen en común o valor do encontro.

Todas estas persoas viven hoxe en Galicia. E cada unha trae consigo non só unha historia persoal, senón tamén unha maneira de entender a comunidade, o tempo compartido e a hospitalidade. Iso non empobrece Galicia. Enriquécea.

En SenValos traballamos cada día para que a diversidade sexa unha oportunidade e non un obstáculo. Para que quen chega atope un lugar ao que pertencer. E para que quen leva tempo aquí descubra todo o que pode aprender das persoas que nos acompañan.


Unha pequena idea para estes días

Se tes ao teu redor persoas de orixe diferente á túa —compañeiras de traballo, veciñas, familias ás que acompañades desde a vosa entidade— estes días poden ser unha escusa perfecta para preguntar: que cociñades vós nestas datas? As respostas poden sorprenderte. E desa sorpresa, ás veces, nacen as mellores amizades.

A interculturalidade non se constrúe con grandes declaracións. Constrúese na cociña, na praza e na sobremesa longa. Constrúese cando recoñecemos que detrás dunha receita hai unha identidade, e que esa identidade ten valor e ten aquí o seu lugar.

Semana Santa en Galicia: una pausa para celebrar la interculturalidad también en la mesa y en la calle

Estos días algo cambia en Galicia. El ritmo afloja, las plazas se llenan de otra manera. Y en las cocinas de nuestra comunidad —de todos los barrios, de todos los orígenes— se encienden fogones y se abren cuadernos de recetas que guardan historias de otra tierra.

Galicia es hoy una sociedad diversa. Entre las nacionalidades extranjeras con mayor presencia figuran Portugal, Venezuela, Colombia, Brasil, Marruecos y Rumanía. Son vecinas y vecinos, personas que aportan su historia y su cultura a este territorio. Y esta semana, de una manera u otra, casi todas esas culturas viven algún tipo de pausa especial. Una pausa que tiene el mismo corazón en todas partes: reunirse, cocinar juntos y compartir la mesa.


Un viaje por seis cocinas

No hace falta buscar grandes discursos para encontrar la interculturalidad. A veces basta con asomarse a lo que cada familia pone sobre la mesa en estos días. Hemos recorrido seis orígenes presentes en nuestra comunidad y hemos encontrado algo llamativo: en todos ellos, esta época del año activa el mismo ritual humano de parar, cocinar con calma y compartir.

🇵🇹 Portugal

La calle como escenario compartido

En Portugal, estas fechas llenan las calles de alfombras de flores, luces y encuentros vecinales. El espacio público se convierte en lugar de comunidad. La mesa, mientras tanto, reserva un sitio especial para el bacalao y para el folar da Páscoa, un pan dulce con huevos que marca la llegada de la primavera.

🍽 Bacalhau · Folar da Páscoa

🇻🇪 Venezuela

La cocina como acto de memoria

Para muchas familias venezolanas que viven en Galicia, estos días son una oportunidad de cocinar las recetas que saben a casa. El pescado frito con tostones y el dulce de lechosa —papaya verde en almíbar— aparecen en las mesas como un puente afectivo con el país de origen.

🍽 Pescado frito · Dulce de lechosa

🇨🇴 Colombia

La diversidad dentro de la diversidad

Colombia es un ejemplo fascinante de cómo la gastronomía cambia según la región. El mote de queso en la costa Caribe, las estacas antioqueñas en el interior, los cuaresmeros en el Valle. Una misma cultura, múltiples expresiones. Una lección que también vale para entender la Galicia de hoy.

🍽 Mote de queso · Cuaresmeros

🇧🇷 Brasil

La alegría como ingrediente

Brasil convierte estos días en una celebración de lo sencillo: el pescado en familia, el intercambio de chocolates entre amigos. El amigo secreto de chocolate —una versión dulce del clásico amigo invisible— muestra que celebrar también puede ser eso: generar alegría compartida sin grandes protocolos.

🍽 Pescado · Ovos de chocolate

🇲🇦 Marruecos

El encuentro al caer la tarde

El calendario de las familias marroquíes en Galicia es diferente, pero el gesto es el mismo: al terminar la jornada, la familia se reúne en torno a la harira, una sopa generosa de legumbres, carne y especias. Una receta que es, antes que nada, un acto de hospitalidad y comunidad.

🍽 Harira · Chebakia

🇷🇴 Rumanía

El color como símbolo de identidad

La comunidad rumana celebra su Pascua a mediados de abril. Sus huevos pintados a mano con motivos tradicionales son una de las expresiones culturales más reconocibles de Europa del este. Junto a ellos, el cozonac —pan dulce relleno de nueces— llena las mesas de encuentros familiares en Vigo o A Coruña.

🍽 Cozonac · Pasca


“Seis orígenes, una misma receta invisible: parar juntos, cocinar con tiempo, sentarse sin prisa.”

Lo que nos une

Al revisar todas estas tradiciones, aparece algo que ningún recetario menciona explícitamente pero que está en todas ellas: la pausa como acto colectivo. Sea en Braga, en Caracas, en Popayán, en São Paulo, en Fez o en Cluj, estos días tienen en común el valor del encuentro.

Todas estas personas viven hoy en Galicia. Y cada una trae consigo no solo una historia personal, sino una manera de entender la comunidad, el tiempo compartido y la hospitalidad. Eso no empobrece a Galicia. La enriquece.

En SenValos trabajamos cada día para que la diversidad sea una oportunidad y no un obstáculo. Para que quienes llegan encuentren un lugar donde pertenecer. Y para que quienes llevamos tiempo aquí descubramos lo mucho que hay para aprender de quienes nos acompañan.


Una idea pequeña para estos días

Si tienes alrededor personas de origen diferente al tuyo —compañeras de trabajo, vecinos, familias que acompañáis desde vuestra entidad— estos días pueden ser una excusa perfecta para preguntar: ¿Qué cocinais vosotros en estas fechas? Las respuestas pueden sorprenderte. Y de esa sorpresa, a veces, nacen las mejores amistades.

La interculturalidad no se construye con grandes declaraciones. Se construye en la cocina, en la plaza, en la sobremesa larga. Se construye cuando reconocemos que detrás de una receta hay una identidad, y que esa identidad tiene valor y tiene lugar aquí.