Proxecto Investimento Equipo M

Investimento para Equipo M

Itinerario Personalizado de Inserción Laboral para Persoas Migrantes

Obxectivos:

Dotar de equipamentos para mellorar a empregabilidade a través da creación e integración das persoas migrantes en unha rede na que migrantes xa totalmente integrados na sociedade galega podan compartir o seus contactos profesionais.

Lugar de execución

Localidades de A Coruña, Culleredo, Arteixo, Cambre, Negreira y Oza-Cesuras.

Convocatoria:

FOIE/2023: Convocatoria do programa de subvencións a entidades sen ánimo de lucro para o investimento de servizos sociais no ano 2023.

Entidades financiadoras e/ou colaboradoras

Deputación da Coruña

Persoas beneficiarias

30 persoas migrantes en situación administrativa regular ou en proceso de arraigamento social, en risco de exclusión socioeconómica derivada de circunstancias como desemprego de longa duración e/ou outras circunstancias excluíntes que impediron a súa incorporación ao mercado laboral durante períodos extensos de tempo.

Importe executado

Importe da Subvención: 6.611,41€

Porcentaxe de financiación: 80%

Importe total do Proxecto: 8.264,26€

Cunha achega de 5 € lograrás que Equipo M axude a máis xente

Axúdanos a crear vidas plenas en sociedades diversas