Equipo M
Itinerario Personalizado de Inserción Laboral para Persoas Migrantes
Obxectivos:
Mellorar a empregabilidade a través da creación e integración das persoas migrantes nunha rede na que persoas migrantes xa totalmente integradas na sociedade galega poidan compartir os seus contactos profesionais.
Lugar de execución
Localidades de A Coruña, Culleredo, Arteixo, Cambre, Negreira e Oza-Cesuras.
Convocatoria:
FOAXE-P/2023: Convocatoria do programa de subvencións a entidades sen ánimo de lucro para o mantemento de programas e servizos en materia de servizos sociais no ano 2023.
Entidades financiadoras e/ou colaboradoras
Deputación da Coruña
Persoas beneficiarias
30 persoas migrantes en situación administrativa regular ou en proceso de arraigamento
social, en risco de exclusión socioeconómica derivada de circunstancias como desemprego de longa duración e/o outras circunstancias excluíntes que impediron a súa incorporación ao mercado laboral durante períodos extensos de tempo.
Importe executado
Importe da Subvención: 9.683,78€
Porcentaxe de financiación: 80%
Importe total do Proxecto: 12.104,72€