Carreira Popular e Solidaria de Plogging 2024 na Coruña

Que é o Plogging Tour?

O Nationale Nederlanden Plogging Tour é unha comunidade pioneira no mundo, que promove xunto ao Consello Superior de Deportes, 14 Concellos e 6 gobernos autonómicos, a práctica da actividade física e deportiva ao aire libre, nunha sociedade cada vez máis sedentaria, combinada coa recuperación de espazos naturais e a súa biodiversidade, a través da recollida do lixo que se atopa na contorna durante os distintos circuítos deportivos, adaptados a todas as idades e nivel de condición física.

E, que beneficios achega participar?

Participar nas xornadas Fai deporte polo Planeta na Coruña axúdache, non só a promover uns hábitos de vida saudables entre os grupos de interese, a reconexión coa natureza e a combater o sedentarismo entre todos os segmentos de idade, senón tamén a impulsar a colaboración público-privada, a circularidade, e comunidades máis sostibles, cohesionadas e saudables, que co deporte e a actividade física como fío condutor, contribúen de maneira activa e participativa, a crear un novo modelo social, ambiental e económico de beneficio e interese común no territorio, que ten o propósito de mellorar a calidade de vida das persoas e coidar o medio ambiente.

Que día e a que hora celébrase?

É o 26 de maio de 2024 a partir das 9:45 da mañá. A recollida de dorsais realizarase de 9:00 a 9:30 horas.

E, onde ten lugar?

A zona de saída e meta e o Plogging Campus terán lugar na CHAIRA DO PALACIO DOS DEPORTES RIAZOR.

Cales son as tres modalidades na Coruña?

  • Circuito Familias Multiaventura. Esta modalidade está deseñada para poder participar cos máis pequenos en familia, con compañeiros do colexio e amigos. Inclúe actividades deportivas adaptadas, talleres, masterclasses e xogos. Os participantes poderán explorar un circuíto xunto aos monitores do Plogging Tour de menos de 3 quilómetros no que poden participar tamén persoas con necesidades especiais.
  • Carreira popular 5,6K. Con formato de carreira non competitiva, esta modalidade está deseñada para aqueles que queiran ir correndo, trotando, facendo marcha nórdica ou camiñando ao longo de 5,6 quilómetros. O circuíto discorre en grupos liderados por monitores do Plogging Tour nas inmediacións da chaira do Palacio dos Deportes Riazor.
  • Plogging Pro 11K. É a modalidade pensada para quen está máis en forma e son máis esixentes. Un circuíto de 11 quilómetros que brinda tamén a oportunidade para gozar do percorrido da chaira do Palacio dos Deportes Riazor e realizar distintos estacionamentos deportivos durante o circuíto xunto ao equipo deportivo do Plogging Tour.

Circuítos A Coruña 2024

Escolle o que mellor se adapte a ti

FAMILIAS MULTIAVENTURA Inclúe actividades deportivas adaptadas, talleres e xogos.
CARRERA POPULAR 5,6K Participa camiñando, ao trote ou correndo.
Plogging A Coruña Carrera 11k SenValos
CARRERA PLOGGING PRO 11K Para os e as máis en forma e esixentes.

Que inclúe a inscrición?

Todos os participantes no Nationale-Nederlanden Plogging Tour A Coruña recibirán no evento; dorsal, eco bidón, pulseira, bolsas para realizar a actividade, luvas e un certificado de participación dixital. Tamén entrases no sorteo dun dispositivo GARMIN. As prazas son limitadas e teñen un prezo de 5€ para adultos e 1€ para nenos.

Que outras actividades haberá?

Durante a mañá do 26 de maio, entre as 10.00 e 13.00, na chaira de Riazor desenvolverase o PLOGGING CAMPUS, no que haberá distintas actividades de:

  • Masterclass en disciplinas deportivas, como Esgrima, Patinaxe ou Quadball.
  • Talleres con actividades con monitores e educadores/as que dan a coñecer os principios do ecodiseño e a economía circular, e ensinan dunha forma práctica e divertida, diferentes tips para dar unha segunda vida aos “residuos”, a través da creatividade, a arte e a innovación.
  • Xogos e Realidade Virtual para os/as máis pequenos/as, que se realizan con monitores/as para distintas idades, onde se traballan de forma transversal e co deporte como fío condutor, hábitos de vida saudables, inclusión social, mobilidade sostible e educación ambiental con lentes de Realidade Virtual.

Grazas por ser parte do cambio!

Tes dúbidas?

#Hazdeporteporelplaneta

Non perdas a túa praza no Nationale Nederlanden Plogging Tour da Coruña!

Se queredes participar como Equipo, Empresa ou Entidade (mínimo 10 participantes), fai click no seguinte botón:

E se non podes acudir…

Dorsal 0, colabora sen participar na carreira

Ata o 25/05/2024 23:59 h.

Colaboradores locais:

Galiza Formacións
Galiza Formacións
Cervecería Katua
Club Ximnasio Fibra
Súmate Deporte
Coruña Automoción
Asociación Veciñal Novo Mesoiro
Asociación de Veciños/as do Ventorrillo