Proxecto “RURAL+ SENVALOS”

A ONGD SenValos obtivo unha cofinanciación para o proxecto “RURAL+ SENVALOS” de 25.000 € a través da convocatoria da Xunta de Galicia de subvencións, de carácter plurianual e en réxime de concorrencia competitiva, dirixidas a entidades de acción voluntaria e entidades locais de Galicia para a elaboración e execución de proxectos de voluntariado interxeracional no medio rural vinculados co proxecto piloto Talento interxeracional, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, para executar nos anos 2022 e 2023.

O obxectivo xeral do proxecto é favorecer a inclusión sociolaboral plena do colectivo migrante e outros colectivos en situación de desemprego no ámbito rural en sectores relacionados cos coidados e a agricultura ecolóxica mediante a dinamización de voluntariado interxeracional.

Os obxectivos específicos son:

  • OE 1: Desenvolver un modelo de xestión dos coidados no ámbito rural que promova unha atención persoalizada e de calidade a persoas autónomas que precisen coidados, potenciando bolsas de emprego que conecten persoas formadas e capacitadas con demandantes de coidados.
  • OE 2: Potenciar un modelo de producción agroecolóxica e de comercialización baseado nunha economía circular e sustentable que permita facilitar e acelerar o acceso a novos medios de vida no rural a persoas migrantes e en risco de exclusión social.
  • OE 3: Fomentar o intercambio de coñecementos entre persoas voluntarias maiores de 55 anos e menores de 30 anos en proxectos específicos no ámbito rural de atención a coidados e producción agroecolóxica.
  • OE 4: Posibilitar a participación social de colectivos migrantes e vulnerables para mellorar o seu entorno, visibilizando a súa aportación a novos modelos sostibles de desenvolvemento rural.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *